Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 15 de decembro de 2017 Páx. 56710

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar para ser executada durante os anos 2017-2020.

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á seguinte encomenda coas seguintes características:

– Resolución do 28 de novembro de 2017, da Consellería do Mar, pola que se encarga ao medio propio Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a asistencia técnica no seguimento e avaliación dos novos retos do desenvolvemento local participativo polos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do FEMP 2014-2020.

– Actividade: realización das actuacións relativas á execución polo Cetmar de accións de apoio á Consellería do Mar en materias relacionadas coa adaptación e aplicación dos novos retos do desenvolvemento local participativo polos GALP.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios ao ter a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: ata o 1 de decembro de 2020.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017 e concordantes de anos posteriores, na aplicación orzamentaria 14.02.723A.604.1, código de proxecto 2016 287 e foi cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca nun 75 %, na medida 7.1 (asistencia técnica).

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2017

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar