De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocados mediante Resolución desta universidade do 4 de agosto de 2017 (BOE do 31 de agosto), e presentada polas persoas interesadas a documentación a que fai referencia a base oitava da convocatoria,
Esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e o artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro) e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.
Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que se deberá efectuar no prazo máximo de vinte (20) días contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, perante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpor o recurso contencioso-administrativo ata que non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2017
Juan Manuel Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
Nº do concurso |
Nome |
Apelidos |
DNI/NIE |
Corpo docente |
Área de coñecemento |
Departamento |
Localidade |
Código da praza |
2353/17 |
Antonio Carlos |
Pereira Menaut |
33184319B |
Catedrático de universidade |
Dereito Constitucional |
Dereito Público e Teoría do Estado |
Santiago de Compostela |
A00557 |
2361/17 |
Manuel Francisco |
Marey Pérez |
76573477Z |
Catedrático de universidade |
Proxectos de Enxeñaría |
Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría |
Lugo |
A00565 |
2362/17 |
Eva María |
Candal Suárez |
34897073R |
Titular de universidade |
Bioloxía Celular |
Bioloxía Funcional |
Santiago de Compostela |
C01773 |
2366/17 |
María |
Álvarez de la Granja |
36115279N |
Titular de universidade |
Filoloxías Galega e Portuguesa |
Filoloxía Galega |
Santiago de Compostela |
C01777 |