Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 15 de decembro de 2017 Páx. 56871

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2017 pola que se anuncia a formalización do contrato mixto de subministración de licenzas para a virtualización de redes, mediante tramitación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec).

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Número de expediente: 2017-028.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: mixto, de subministracións.

b) Descrición: contrato mixto de subministración de licenzas para a virtualización de redes, mediante tramitación documentalmente simplificada.

c) CPV: 48000000-8.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 17 de outubro de 2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: pluralidade de criterios.

4. Valor estimado do contrato: 196.900,00 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 196.900,00 euros. Importe total: 238.249,00 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 22 de novembro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 23 de novembro de 2017.

c) Contratista: Internacional Periféricos y Memorias España, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 196.797,00 euros. Importe total: 238.124,37 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2017

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable