Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 2018 Páx. 10941

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública, pola se aproba a relación provisional de admitidos e excluídos no concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de estatísticos, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de estatísticos.

Mediante a Resolución do 11 de decembro de 2017 (DOG núm. 237, do 15 de decembro), a Dirección Xeral da Función Pública convocou un concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de estatísticos, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de estatísticos.

A base VII da convocatoria establece que «Expirados os prazos de presentación das solicitudes de participación no concurso e de petición de postos de traballo, a Dirección Xeral da Función Pública ditará resolución que se publicará no Diario Oficial de Galicia, na cal se declararán aprobadas as listas de admitidos/as e excluídos/as, con indicación do lugar en que estarán a disposición das persoas interesadas».

En consecuencia, esta dirección xeral, logo de examinar as solicitudes presentadas polos/as participantes,

RESOLVE:

Aprobar a relación provisional de solicitantes admitidos/as e excluídos/as no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de estatísticos, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de estatísticos.

Consecuencia do exame e revisión das solicitudes presentadas non resultou ningunha persoa excluída.

A relación de persoas admitidas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, na epígrafe de <concurso de traslados>.

Aquelas persoas que non figuren na relación de admitidos e solicitasen participar no concurso disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para formular a súa reclamación.

O formulario de reclamación estará á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia e deberá presentarse no Rexistro Xeral da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas xefaturas territoriais e/ou oficinas comarcais da dita consellería, ou nos demais lugares previstos no artigo 16, relativo a rexistros, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Para estes efectos, a estimación ou desestimación das ditas reclamacións entenderase implícita na resolución pola cal se publique a listaxe definitiva.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2018

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública