Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2018 Páx. 12571

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 13 de febreiro de 2018 pola que se notifica o Acordo do 30 de novembro de 2017 que fixa o prezo xusto do predio número 062a, sito en Moaña, relativo ao proxecto 01627 (expediente 2017/000645).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante esta cédula a Antonio López Mellado o Acordo do 30 de novembro de 2017 que fixa o prezo xusto do predio número 062a, sito en Moaña, relativo ao proxecto 01627 (expediente 2017/000645), cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, de Santiago de Compostela, 15781.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2018

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01627-conversión en autovía do corredor do Morrazo Cg-4.1. Treito: enlace de Rande-enlace de Cangas. Clave: Po/12/070.01. Tm Cangas e Moaña.

Nº de expediente: 2017/000645.

Persoa que se vai a notificar: Antonio López Mellado.

Expropiante: CIV Servizo Provincial da AXI de Pontevedra.

Expropiado: Antonio López Mellado.

Beneficiario: CIV Servizo Provincial da AXI de Pontevedra.

Predio nº: 062a.

Concello: Moaña.

Provincia: Pontevedra.

Valoración da resolución do xurado: 4.177,30 €.