Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2018 Páx. 15111

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 15 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversas resolucións ditadas no procedemento BS618D competencia desta xefatura territorial (expediente BS618D27028014817 e tres máis).

De conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, nos seus artigos 44 e 46, e en uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, notifícanse as resolucións ditadas nos procedementos instados polas persoas interesadas que figuran no anexo, ao seren devoltas polo servizo de Correos por non poderse efectuar.

No prazo de dez días desde o día seguinte ao da publicación do edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados poderán comparecer persoal ou debidamente representados nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Lugo, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración, na rolda da Muralla, núm. 70, de Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñeceren o texto íntegro das resolucións que se notifican e do expediente administrativo.

Contra as referidas resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería de Política Social, no prazo dun mes desde a súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 15 de decembro de 2017

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Apelidos e nome

DNI/NIE

Nº expte.

Resolución/data

Akinhammi Akinhammi, Precious

34318125D

BS618D27028014817

Denegación 23.10.2017

Beneata, Marian

X6490890Z

BS618D27028009517

Desistencia 2.10.2017

Cortiñas Romero, Amelia

33328619D

BS618D27028021317

Denegación 6.11.2017

Valín López, Carlos

33827117M

BS618D27028017917

Desistencia 31.10.2017