Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 27 de setembro de 2018 Páx. 43735

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ACORDO do 28 de agosto de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se dá publicidade do inicio de expedientes de reintegro de axudas ao estudo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a dar publicidade á parte substantiva dos acordos adoptados pola Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Lugo:

«Primeiro. Iniciar o procedemento de reintegro das bolsas concedidas, identificadas no anexo desta resolución.

Segundo. Pór á disposición dos interesados os expedientes para que, consonte o previsto no artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 2 de outubro), no prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, aleguen e presenten os documentos e xustificacións que coiden pertinentes ante a Sección de Bolsas da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, situada na rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo.

Transcorrido este prazo, a Dirección Xeral de Atención, Participación e Empleabilidade de Estudantes Universitarios do Ministerio de Educación, de ser o caso, ditaría resolución que determine tanto a procedencia do reintegro, como a liquidación dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da bolsa.

Con todo, no suposto de que os interesados estean conformes coa obriga do reintegro, poderán facer efectivo o reintegro en calquera banco ou caixa de aforros, facendo uso dos documentos habilitados para o efecto, e darase así por concluído o expediente».

Lugo, 28 de agosto de 2018

María del Carmen Gueimunde González
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a

NIF/NIE

Importe

Curso

Causa

Iglesias Varela, Yamil Alexandra. Lugo (Lugo)

33329426B

1.320,00 €

2016/17

7.34

Martínez Diéguez, Quirino. Lugo (Lugo)

33349405A

913,00 €

2016/17

7.34

Vázquez López, Cristian. Monforte de Lemos (Lugo)

34265194R

688,00 €

2016/17

7.26