Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 27 de setembro de 2018 Páx. 43777

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de venda de parcela de titularidade pública no polígono SUR PPI7.

Mediante o Decreto do 5 de setembro de 2018 foi aprobado o prego de condicións técnicas, xurídicas e administrativas que deberán rexer na seguinte licitación:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño/Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato: venda de parcela de 13.335,76 m² de superficie en solo urbano industrial nº 7 do concello do Porriño.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 1.066.553,76 €, IVE non incluído, mellorables á alza.

5. Garantía definitiva: 4 % do prezo de adxudicación.

6. Obtención da documentación e información: na Secretaría Xeral do Concello; rúa Antonio Palacios, 1, O Porriño (Pontevedra).

7. Presentación das ofertas: quince (15) días hábiles desde a publicación do anuncio de licitación no DOG, no BOP e no perfil do contratante.

O Porriño, 10 de setembro de 2018

Eva García de la Torre
Alcaldesa