Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 27 de setembro de 2018 Páx. 43774

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 6 de setembro de 2018 pola que se notifica o Acordo do 26 de xullo de 2018 que fixa o prezo xusto do predio número 68-1, sito en Xove, relativo ao proxecto 01095 (expediente 2018/000441).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante esta cédula a Antonio Pernas Abad o Acordo do 26 de xullo de 2018 que fixa o prezo xusto do predio número 68-1, sito en Xove, relativo ao proxecto 01095 (expediente 2018/000441), cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está a disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, de Santiago de Compostela, 15781.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2018

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01095. Vac da Costa Norte. Treito Celeiro-San Cibrao. Clave: Lu/00/063.01.4.

Nº de expediente: 2018/000441.

Persoa que se vai notificar: Antonio Pernas Abad.

Expropiante: Civ. Axencia Galega de Infraestruturas (Servizo Prov. de Lugo).

Expropiado: Antonio Pernas Abad.

Beneficiaria: Civ. Axencia Galega de Infraestruturas (Servizo Prov. de Lugo).

Predio nº: 68-1.

Concello: Xove.

Provincia: Lugo.

Valoración da resolución do xurado: 9.663,19 €.