Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2018 Páx. 47728

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica nos concellos de Agolada e Rodeiro (expediente IN407A 2018/56-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Hidroeléctrica do Arnego, S.L.

Domicilio social: Rúa Maior 12, 36520 Agolada.

Denominación: LMT, CT Carruledo.

Situación: Agolada e Rodeiro.

Características técnicas:

LMT a 20 kV estruturada en tres tramos:

1. Aéreo: 55 metros, con condutor LA-56; orixe: apoio 9 da LMT derivación a Aldea do Monte, Agolada, o cal se substitúe por un apoio C-2000/16; final: apoio 1.

2. Subterráneo: 1.150 metros, con condutor RHZ, entre os apoios 1 e 2.

3. Aéreo: 1.032 metros, con condutor LA-56; orixe: apoio 2; final: centro de transformación (apoio 10).

Centro de transformación, sobre apoio de celosía, a 160 kVA, con RT 20 kV/400 V, situado en Carruledo, Cristimil, Rodeiro.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 6 de setembro de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra