Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2018 Páx. 47748

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 8 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, de notificación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación LAT 220 kV subestación Serra das Penas/subestación Chantada (expediente 001/2007 AT).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 220 kV subestación Serra das Penas/subestación Chantada, nos concellos de Chantada, Paradela e O Saviñao, correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Lugo, 8 de outubro de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo