Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2018 Páx. 47791

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) e do Plan especial do campus universitario (PE-8) no ámbito do equipamento universitario (EU-2). Grupo de vivendas de San Ignacio de Loyola.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 20 de setembro de 2018, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

• Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no ámbito do Plan especial do campus (PE-8) vivendas de San Ignacio de Loyola e polígono 22 (Vista Alegre), segundo o documento reformado de agosto de 2018, que incorpora as reformas exixidas no informe da directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

O acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia. Unha vez publicado o acordo, remitirase á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a documentación exixida polo artigo 88.3 da LSG, para os efectos de inscribir a modificación puntual do PXOM no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

Logo de que conste a inscrición no Rexistro, publicarase a normativa no Boletín Oficial da provincia.

Contra o acordo da aprobación definitiva da citada modificación puntual do PXOM poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto do 28.6.2017)
Jorge Duarte Vázquez
Concelleiro delegado de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda,
Mobilidade e Relacións Veciñais