Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2018 Páx. 47785

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cervo

ANUNCIO de rectificación de erros da aprobación definitiva do proxecto de expropiación por taxación conxunta dos bens e dereitos incluídos nel, coa finalidade de levar a cabo as obras de acondicionamento da rúa entre a avenida Bellavista e a avenida da Veiga, en San Cibrao.

A Xunta de Goberno local, mediante acordo adoptado na sesión do 2 de outubro de 2018, aprobou unha rectificación de erros sobre o acordo que acadou a Xunta de Goberno local con data do 14 de agosto de 2018, de aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos para levar a cabo as obras de acondicionamento da rúa entre a avenida Bellavista e a avenida da Veiga en San Cibrao (Cervo, Lugo). O texto do acordo de rectificación é do seguinte teor:

«Primeiro. Ratificar a urxencia da sesión, co fin de poder rectificar coa maior celeridade posible o erro material ou de feito advertido no proxecto de expropiación definitivamente aprobado.

Segundo. Rectificar, ao amparo do artigo 109.2 da Lei estatal 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o erro material ou de feito padecido no proxecto de expropiación forzosa por taxación conxunta para as obras de acondicionamento da rúa entre a avenida Bellavista e a avenida da Veiga en San Cibrao, de tal xeito que a antes referida parcela de 4,06 m² se inclúa como litixiosa na relación identificativa de titulares e bens a expropiar do proxecto expropiatorio, e enviar a correspondente folla de valoración.

Terceiro. Dado que o terreo de referencia se considera de titularidade litixiosa ou controvertida a que fai referencia o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif), con CIF Q2801660H, dar traslado da rectificación do erro ao Ministerio Fiscal, de conformidade co preceptuado no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. O depósito previo á ocupación consignarase na Caixa Xeral de Depósitos á disposición da autoridade ou tribunal competente.

Cuarto. Notificar o presente acordo de rectificación do erro no proxecto de expropiación por taxación conxunta instado polo escrito do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif), con CIF Q2801660H.

Quinto. Ordenar a publicación do presente acordo no Diario Oficial de Galicia».

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor alternativamente recurso de reposición potestativo ante o mesmo órgano que o acorda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben interpor directamente recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo con sede na capital da provincia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se producise a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Cervo, 10 de outubro de 2018

Alfonso Villares Bermúdez
Alcalde

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Nº de predio

Referencia catastral

Titular

Sup. exp. def. m²

1

6188001PJ2368N

Juan Bautista Martínez de la Vega Pedrosa e outros

372,80

1 B

6188001PJ2368N

Titularidade litixiosa

157,20

2

63830P4PJ2368S, 63830P3PJ2368S, 63830P2PJ2368S,

Construcciones Os Molineros, S.L.

291,00

3

5891004PJ2359S, 5889003PJ2359N, 63830L5PJ2368S, 5991501PJ2359S

Sociedade de xestión de activos procedentes da reestruturación bancaria (Sareb)

2.013,09

3 B

5891004PJ2359S, 5889003PJ2359N, 63830L5PJ2368S, 5991501PJ2359S

Titularidade litixiosa

732,91

4

5891003PJ2359S

Ferrocarrís de Vía Estreita FEVE

11,00

5

5891017PJ2359S

Servizo Galego de Saúde CGA

49,00

6

Titularidade litixiosa

4,06

Este proxecto de expropiación estará á disposición dos interesados na sede electrónica do Concello de Cervo (http://cervo.sedelectronica.es).