Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2018 Páx. 52780

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 37/2018).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 37/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Construcciones Vega da Brea, S.L. sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza:

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2018.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co número 37/2018, en que foron parte, como demandante/s, a Fundación Laboral de la Construcción, asistida pola letrada Sra. Marón Fernández e, como demandado/s, Construcciones Vega de Brea, S.L., que non comparece, malia a súa citación en legal forma, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes

Resolución:

Estímase a demanda interposta por Fundación Laboral de la Construcción fronte a Construcciones Vega de Brea, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada a aboar á demandante a cantidade de 195,53 euros, incluído o 20 % de xuro por mora, con condena ao pagamento dos honorarios da letrada da parte demandante ata o límite legal.

Notifíquese a presente resolución ás partes, contra a cal non cabe recurso.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Vega de Brea, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza