Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2018 Páx. 52806

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Sanxenxo (expediente IN407A 2018/372-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: RET, LMT VLG807 Vilalonga-Carabuxeira no polígono de Nantes.

Situación: Sanxenxo.

Características técnicas: a instalación localizada no parque empresarial de Nantes en Sanxenxo (Pontevedra), realízase en dúas partes:

1. Intercalar en traza da liña ULG807:

– Poste C 2000/14 paso aéreo soterrado e retensar van previo (punto A).

– Poste C 3000/14 paso aéreo soterrado e retensar van seguinte (punto B).

– Poste C 3000/14 paso aéreo soterrado e retensar van seguinte (punto C).

2. Soterramento de dous tramos de liña LMT ULG807:

– Tramo 1: LMTS de 20 kV con condutor tipo RHZ de 863 metros de lonxitude, con orixe no punto A e final no punto B.

– Tramo 2: LMTS de 20 kV con condutor tipo RHZ de 89 metros de lonxitude, con orixe no punto C e final do CT nº 11 no parque empresarial de Nantes.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014 pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se xulgue pertienente ao seu dereito.

Pontevedra, 23 de novembro de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra