Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Xoves, 14 de febreiro de 2019 Páx. 9493

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 8 de febreiro de 2019 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción dun itinerario peonil na AC-524, punto quilométrico 0+500-2+000, de clave AC/17/174.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Antecedentes:

O artigo 6.2 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia e o artigo 12.2 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, determinan que os espazos destinados a sendas para peóns ou para a circulación de ciclistas teñan a consideración de elementos funcionais da estrada. Tendo en conta este precepto, a Xunta Galicia elaborou a Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia, entre cuxos obxectivos está o fomento dos sistemas de transporte alternativos aos motorizados, que permitan minimizar as repercusións sobre o medio ambiente e os seus impactos sociais e económicos.

Os beneficios esperados con esta iniciativa son, entre outros, a mellora da mobilidade, a mellora da calidade do aire, da saúde, da igualdade e benestar da economía, do patrimonio e do urbanismo.

O obxecto desta actuación é a execución dun itinerario peonil na estrada AC-524, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 0+500 e 2+000, no lugar denominado A Costa, no concello de Ordes.

Para a execución desta senda procederase á ampliación da plataforma da estrada cara a marxe dereita, buscando a integración da dita senda na vía actual. Así, a zona de tránsito peonil realizarase en formigón coloreado, cun ancho mínimo de 1,8 m e separada da estrada mediante unha zona verde de 90 cm de ancho e un bordo de formigón. Entre os puntos quilométricos 0+995 e 1+011, proxéctase unha pasarela para salvar o río Cabrón, de 2,24 m de ancho.

Trátase dun treito que conecta co albergue de peregrinos que se está a construír na zona, ademais de con outros focos de atracción, tales como os centros educativos IES nº 1 de Ordes e co Colexio Público Alfonso Rodríguez Castelao, cos pavillóns polideportivos Castelao I e Castelao II, locais comerciais e industriais, farmacias, etc., así como coa senda existente na contorna do p.q. 0+500 (punto de inicio desta actuación).

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de trazado sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, sométese a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña) e na Casa do Concello de Ordes (Alfonso Senra, 108, 15680 Ordes). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas) está á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago Compostela, 8 de febreiro de 2019

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción dun itinerario peonil na AC-524, p.q. 0+500-2+000, clave AC/17/174.06.

Concello de Ordes.

Nº predio

Referencia catastral

Titular

DNI

Superficie afectada (m2)

Superficie total (m2)

Destino

Clasificación urbanística

Situación básica de solo

1

15060A04400553

Gestoso Rozados Manuel, hros.

32***77*

42

881

Prado

Solo non urbanizable común sistema viario

Rural

2

15060A04400471

Del Río Villaverde, Encarnación

**35*8*8

5

2.494

Labradío

Solo non urbanizable común

Rural

3

15060A04400470

Fernández Carballido, Francisca

*2191***

26

610

Matogueira

Solo non urbanizable común

Rural

4

15060A04400423

Del Río Botana José, hros.

3*30**4*

270

5.830

Labradío

Solo non urbanizable común

Rural

5

15060A04400384

Veiras Veiras, Concepción

32*91***

82

1.361

Labradío

Solo non urbanizable común

Rural

6

15060A04400385

Veiras Barbeito, José

3***7*40

61

767

Matogueira

Solo non urbanizable común

Rural

Matogueira

Solo non urbanizable de protección de ribeiras e cauces

Rural

7

15060A04400386

Botana Pulleiro, Pilar

***922*4

31

5.264

Labradío

Solo non urbanizable de protección de ribeiras e cauces

Rural

8

15060A04400390

Del Río Villaverde, Josefina

**326**1

124

33.370

Labradío

Solo non urbanizalbe común

Rural

9

15060A04400393

Franqueira Grela, Ana María

**81*13*

42

585

Matogueira

Solo non urbanizable de núcleo rural

Urbanizado

Rey Sanmartín, José

3**755**