Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Xoves, 14 de febreiro de 2019 Páx. 9497

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 17 de xaneiro de 2019 pola que se notifica o Acordo do 27 de setembro de 2018 que fixa o prezo xusto do predio número 1, sito en Vigo, relativo ao proxecto 01756 (expediente 2018/000596).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e dado que non foi posible efectuar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante esta cédula a María Estrella Alejandro Álvarez o Acordo do 27 de setembro de 2018 que fixa o prezo xusto do predio número 1, sito en Vigo, relativo ao proxecto 01756 (expediente 2018/000596), cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. A persoa interesada, poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que se resolva o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, 15781 Santiago de Compostela.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do do Boletín Oficial del Estado.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2019

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01756 -LMTS Sdm704 CT Raviso. Exp. IN407A 2016/690-4. Tm Vigo.

Nº de expediente: 2018/000596.

Persoa que se vai notificar: María Estrella Alejandro Álvarez.

Expropiante: Consellería de Economía, Emprego e Industria. Xefatura Territorial de Pontevedra. Oficina Vigo.

Expropiado: Maximiliano Masip Alejandro e outros.

Beneficiario: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Predio nº: 1.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Valoración da resolución do Xurado: 2.712,84 €.