Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación denominada LAT parques eólicos Monteourado-Eixe/Monte O Tourado-subestación recolectora Regoelle, nos concellos de Zas, Vimianzo e Dumbría (expediente IN407A 2017/166-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 25 de febreiro de 2019
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2017/166-1.
Entidade beneficiaria: Fenosa Wind, S.L.
Denominación da instalación: LAT parques eólicos Monteourado-Eixe/Monte O Tourado-subestación recolectora Regoelle.
Concellos: Zas, Vimianzo e Dumbría.
Finca |
Concello |
Titularidade proposta |
Data ocupación |
V 24 A |
Vimianzo |
Herdeiros de Manuel Ramos Mourelle |
11.2.2019 |
V 146 (III) |
Vimianzo |
Manuel Tomé Lado |
11.2.2019 |
V 154 (III) |
Vimianzo |
Pedro Oreiro Rodríguez |
11.2.2019 |
D 10 |
Dumbría |
Andrés Senra Bargas |
11.2.2019 |
D 54 |
Dumbría |
Concepción García Caamaño |
11.2.2019 |