Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 6 de xuño de 2019 Páx. 27523

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 23 de maio de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, do acordo de ocupación dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación do parque eólico de Carracedo LU-11/126-EOL.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica do parque eólico de Carracedo, segundo se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmos ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

Lugo, 23 de maio de 2019

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-11/126-EOL.

Denominación: parque eólico de Carracedo.

Acordo de ocupación dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación no Concello da Pastoriza.

Predio

Propietaria

Zona

Polígono

Parcela

14

Fe Muíña Fernández

12

2

151