Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 18 de xullo de 2019 Páx. 33578

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de aprobación definitiva do proxecto de delimitación de solo de núcleo rural do Rodeiro, parroquia de Duarría, concello de Castro de Rei (expediente PTU-LU-16/026).

O 2.1.2019 e o 7.2.2019 tivo entrada no servizo de urbanismo da Xunta en Lugo documentación correspondente ao expediente de referencia, remitida polo Concello de Castro de Rei, para os efectos da súa aprobación definitiva, consonte o establecido na disposición transitoria segunda da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia. Os instrumentos aprobados provisionalmente antes da entrada en vigor desta lei poderán continuar a súa tramitación ata a súa aprobación definitiva a teor do disposto na Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (en diante, LOUG).

A documentación está integrada por dúas copias do proxecto técnico: unha datada en xaneiro de 2012 e outra en xullo de 2016, asinadas polos arquitectos Alfonso Botana Castelo e Ana Bértalo Pérez, da consultora Eptisa. O documento de xullo de 2016 contén as dilixencias da aprobación provisional plenaria do 11.5.2018, así como a documentación administrativa acreditativa da tramitación realizada.

Analizada a documentación achegada polo concello, e vista a proposta subscrita pola Subdirección Xeral de Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes.

I.1. O concello de Castro de Rei carece de figura de planeamento xeral. Os terreos afectados polo presente expediente réxense polo establecido no Plan básico autonómico de Galicia.

I.2. De acordo coa documentación remitida polo Concello, a tramitación incluíu:

– Elaboración do proxecto de novembro 2012; presentada no Concello o 21.11.2012.

– Aprobación inicial do proxecto de delimitación por acordo plenario do 13.2.2013.

– Exposición pública (18.3.2013 ao 18.4.2013) mediante anuncios nos diarios El Progreso do 27.2.2013, La Voz de Galicia do 13.3.2013; e no DOG nº 54, do 18.3.2013.

– Primeira aprobación provisional da delimitación, por acordo plenario do 12.7.2014.

– Emisión de informe da DX do Patrimonio Cultural (31.10.2014) favorable condicionado á incorporación das modificacións e documentación complementaria.

– Proxecto de febreiro de 2015 presentado no Concello o 10.4.2015.

– Emisión de informe da DX de Telecomunicacións de data 22.4.2015, favorable.

– Informe da secretaría municipal do 6.7.2015, favorable.

– Informe técnico municipal do 7.7.2015, favorable.

– Segunda aprobación provisional da delimitación, por acordo plenario do 11.7.2015.

– Informe da secretaría municipal do 2.5.2018, favorable.

– Informe técnico municipal do 30.4.2018, favorable.

– Terceira aprobación provisional da delimitación, por acordo plenario do 11.5.2018.

II. Aspectos xerais. Contido.

II.1. Trátase dun proxecto de iniciativa particular de delimitación dun ámbito de 39.437 m², correspondente ao asentamento poboacional do Rodeiro, pertencente á parroquia de Duarría, dos cales 4.660 m² establécense como histórico-tradicional e 34.777 m² como común.

II.2. O proxecto delimita o núcleo, define o trazado da rede viaria existente, regula as condicións urbanísticas aplicables no núcleo, e cataloga varias construcións de carácter tradicional, incorporando medidas de protección. Non identifica dotacións existentes nin previstas.

III. Análise e observacións.

III.1. En canto ao requirimento desta DXOTU do 1.6.2016: (epígrafe III.1.) achegouse a versión do proxecto datado en xaneiro de 2012; e (epígrafe III.2.) incorporase na normativa o indicado no informe da DXPC.

III.2. En canto ao requirimento desta DXOTU do 24.1.2019: achéganse os informes previos á aprobación provisional dos servizos técnico e xurídico municipais.

III.3. O asentamento cumpre o artigo 23 da LSG para núcleos rurais; conta cun topónimo oficial –O Rodeiro– recoñecido no nomenclátor oficial de entidades da provincia de Lugo (Decreto autonómico 6/2000); e acada o requisito de consolidación mínima exixida do 50 % para NRT e dun terzo para NRC establecidos no artigo 23.3 da LSG.

A competencia para resolver sobre a aprobación definitiva das delimitacións do solo de núcleo rural ao abeiro do punto 2 da disposición adicional segunda da LOUG, en relación co disposto no artigo 78.2.c) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, correspóndelle á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de acordo co artigo 10 do Decreto 167/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, en relación co Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia modificado parcialmente polo Decreto 106/2018, do 4 de outubro.

IV. Resolución.

Visto canto antecede, en virtude do establecido no artigo 78.2.c) en relación co artigo 83.6 da Lei 2/2016 (LSG),

RESOLVO:

1. Aprobar definitivamente a delimitación de solo de núcleo rural do Rodeiro, parroquia de Duarría, do concello de Castro de Rei.

2. De conformidade co artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e o artigo 212.1 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo inscribirá de oficio a delimitación no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

3. De conformidade co disposto polos artigos 82 e 88.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o concello deberá publicar a normativa da delimitación aprobada no Boletín Oficial da provincia, unha vez inscrita no Rexistro de Planeamento Urbanístico.

4. Notifíquese ao Concello; e publíquese no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 199.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro.

5. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2019

Mª Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

ANEXO

missing image file