Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 6 de agosto de 2019 Páx. 35914

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 24 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN408A 2018/15-1, no concello de Vimianzo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 66 kV Miñón, no concello de Vimianzo (expediente IN408A 2018/15-1), acto que terá lugar nos propios predios segundo o calendario e os datos que se indican no cadro anexo que máis abaixo se detalla para, posteriormente, proceder á redacción final das ditas actas nas dependencias municipais que sinale o propio concello.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 24 de xullo de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN408A 2015/15-1.

Entidade beneficiaria: Greenalia Wind Power Miñón, S.L.U.

Denominación da instalación: LAT 66 kV Miñón.

Concello: Vimianzo.

Predio

Lugar

Titularidade proposta

Data

Hora

135

Xandras do Río

Herdeiros de María Josefa Martínez Mourelle

29.8.2019

10.35

159

Pallagueira Nova

Herdeiros de José Rojo Martínez

29.8.2019

10.50

169

O Canliño

Herdeiros de José Rojo Martínez

29.8.2019

11.10