Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 20 de setembro de 2019 Páx. 40749

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2019 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, dentro dos vinte primeiros días dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios de colaboración subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) no segundo cuadrimestre do ano 2019, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo 2

Así mesmo, e para os efectos de completar a Resolución do 23 de maio de 2019, do director xeral do IGVS, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2019 (DOG núm. 106, do 6 de xuño), dáse publicidade aos convenios de colaboración pendentes de publicar subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2019 polo IGVS, que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2019

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO I

Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no segundo cuadrimestre do ano 2019

Convenio

Importe achegado
polo IGVS

Data
da sinatura

Protocolo de actuacións entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo, Xestión do Solo de Galicia, S.A., o Concello de Arteixo e a Mercantil Hijos de Rivera, S.A.U., referido ao polígono industrial de Morás, termo municipal de Arteixo (A Coruña).

--

15.5.2019

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e a Asociación de Empresarios de Materiales para la Construcción (Asemaco) para a divulgación das axudas en materia de vivenda en Galicia e do financiamento co sistema Crediasemaco.

15.000 €

16.5.2019

Acordo entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello da Pastoriza para a adhesión ao convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a Federación Galega de Municipios e Provincias para o desenvolvemento do Programa de vivendas baleiras no ámbito do Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora do acceso á vivenda 2015-2020.

--

6.6.2019

Addenda ao convenio de colaboración subscrito o 9 de xuño de 2017 entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para desenvolver a recadación do programa de facturación das vivendas e locais comerciais de promoción pública do IGVS e devolucións derivadas do depósito e cancelación de fianzas do IGVS.

--

7.6.2019

Addenda para a prórroga do convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e Abanca Corporación Bancaria, S.A para desenvolver a recadación do programa de facturación de vivendas e locais comerciais de promoción pública do IGVS e devolucións derivadas do depósito e cancelación de fianzas do IGVS.

129.012,00 €

8.6.2019

Acordo entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Cenlle para a adhesión ao convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a Federación Galega de Municipios e Provincias para o desenvolvemento do Programa de vivendas baleiras no ámbito do Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora do acceso á vivenda 2015-2020.

--

22.7.2019

Acordo entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello da Guarda para a adhesión ao convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a Federación Galega de Municipios e Provincias para o desenvolvemento do Programa de vivendas baleiras no ámbito do Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora do acceso á vivenda 2015-2020.

--

31.7.2019

Acordo entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Castro de Rei para a adhesión ao convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a Federación Galega de Municipios e Provincias para o desenvolvemento do Programa de vivendas baleiras no ámbito do Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora do acceso á vivenda 2015-2020.

--

31.7.2019

Acordo entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello da Cañiza para a adhesión ao convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a Federación Galega de Municipios e Provincias para o desenvolvemento do Programa de vivendas baleiras no ámbito do Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora do acceso á vivenda 2015-2020.

--

1.8.2019

ANEXO II

Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no primeiro cuadrimestre do ano 2019

Convenio

Importe achegado
polo IGVS

Data
da sinatura

Addenda para a modificación do acordo da comisión bilateral, do 26 de outubro de 2017, relativo á área de rexeneración e renovación urbana. Conxunto histórico de Cambados (Pontevedra). Comunidade Autónoma de Galicia. Prórroga do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.

--

12.4.2019