Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 14 de abril de 2020 Páx. 18244

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 8 de abril de 2020 polo que se fai pública a suspensión dos actos convocados para o levantamento de actas previas á ocupación e de ocupación definitiva dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de implantación dos plans de emerxencia das presas de Caldas de Reis, Eiras, Baiona e O Con (clave OH.136.1115).

O 12 de marzo de 2020 publicouse no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e nos diarios Faro de Vigo, Diario de Pontevedra, Diario de Arousa e La Voz de Galicia a Resolución do 6 de marzo de 2020 pola que se sinalan as datas para o levantamento de actas previas á ocupación e de ocupación definitiva dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de implantación dos plans de emerxencia das presas de Caldas de Reis, Eiras, Baiona e O Con (clave OH.136.1115).

Ao abeiro do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19, e do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de marzo de 2020, polo que se declara a situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, deben suspenderse os actos convocados para o levantamento das actas previas á ocupación e de ocupación definitiva previstos na Resolución do 6 de marzo de 2020 coas seguintes datas:

– Baiona: 14 de abril de 2020.

– Soutomaior: 16 de abril de 2020.

– Vilagarcía de Arousa: 21 de abril de 2020.

– Caldas de Reis: 23 de abril de 2020.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2020

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Orde do 30.1.2012, DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia