Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 19 de maio de 2023 Páx. 30646

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 8 de maio de 2023 pola que se autoriza a oferta de ensinanzas de bacharelato na modalidade xeral, en réxime de educación a distancia, no IES San Clemente, do concello de Santiago de Compostela.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no capítulo IV do seu título I, determina a organización do bacharelato en diferentes modalidades e o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, establece a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante a Orde do 30 de xuño de 2022 autorizouse a implantación das modalidades de bacharelato en centros públicos de titularidade desta consellería de acordo con esta ordenación.

Analizadas as necesidades educativas xurdidas e a oferta de modalidades en funcionamento, resulta necesario ampliar esta oferta, coa finalidade de mellorar a atención do alumnado de bacharelato.

Por todo canto antecede, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo único. Autorización de ensinanzas

Autorízase a implantación das ensinanzas de bacharelato na modalidade Xeral, polo réxime de educación a distancia, no IES San Clemente, do concello de Santiago (código 15021482), desde o inicio do curso 2023/24.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento normativo

Autorízanse a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para adoptaren todos os actos e medidas necesarios para a aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional
e Universidades