Biografía do conselleiro

Biografía do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez González.

Román Rodríguez González, conselleiro de Cultura, Educación e Universidade
Román Rodríguez González, conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

Naceu no Vento, Lalín, en 1968. É licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela con premio extraordinario. Doutor en Xeografía, é máster en Desenvolvemento Local, foi profesor na Universidade de León e é profesor titular do Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela.

  • Autor dunha ducia de libros e coautor doutras case vinte publicacións da súa especialidade, amais de ter participado en corenta libros colectivos, Román Rodríguez dirixiu másteres e cursos de posgrao vinculados coa temática do ordenamento territorial en varias universidades.
  • Foi galardoado, ademais, co Premio da Crítica de Galicia (2000), no eido da investigación.
  • En 1999 foi elixido concelleiro polo PP en Lalín, con responsabilidades en Cultura, Medio Ambiente, Urbanismo, Desenvolvemento Local e Portavocía.
  • Nas eleccións de 2009 obtivo acta como deputado autonómico para ser designado posteriormente vicevoceiro do Grupo Popular e voceiro nos eidos de Educación, Urbanismo e Ordenación do Territorio.
  • Desde febreiro de 2015 ata setembro de 2018 foi conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
  • Foi conselleiro de Cultura e Turismo desde setembro de 2018.