Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., Rúa Sáenz Díez, 95, Ourense.
Finalidade: mellora da subministración eléctrica da zona.
Características: rede de baixa tensión, 3.350 metros de lonxitude e conductores R.Z.-25, R.Z.-50 e R.Z.-95.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións estimen oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir da publicación desta resolución.
Lugo, 8 de novembro de 1994.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo

