Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 02 de xaneiro de 1995 Páx. 50

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de1994, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Lugo, pola que se anuncia a publicación das bases definitivas de concentración da zona de Monte de Sante (Trabada-Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Monte de Sante (Trabada-Lugo), declarada de utilidade pública e de urxente execución polo Decreto 538/1990, do 14 de decembro (DOG nº 253, do 27 de decembro de 1990), que a xunta local da zona, na súa reunión do 2 de novembro de 1994, aprobou as bases definitivas de concentración, que estarán expostas ó público na casa do Concello de Trabada, na Cámara Agraria local e na zona, durante o prazo de trinta días, contados desde o seguinte ó da última inserción deste aviso no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia, no xornal de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello, de conformidade co que determina a lei de concentración parcelaria para Galicia (artigo 36).

Os documentos que os interesados poden examinar nos lugares de exposición refírense á determinación do perímetro (colección de planos coas parcelas incluídas e relación das excluídas), á clasificación de terreos e á fixación dos coeficientes que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias, así como á determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas, das que se declara formalmente a súa titularidade.

Contra as bases poden os interesados interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, dentro do prazo dos trinta días sinalados, e presentalo no Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural (Ronda da Muralla, 134-5º, Lugo), nas oficinas centrais da consellería (edificio San Caetano, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administra

tivo común, expresando no escrito un domicilio dentro do termo municipal, para face-las notificacións que procedan.

Lugo, 7 de decembro de 1994.

Fernando López Gutiérrez

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Lugo