Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 02 de xaneiro de 1995 Páx. 64

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO SAVIÑAO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, na sesión celebrada o día dous do actual mes, adoptou acordo de aprobación inicial do estudio de detalle para a fixación de aliñacións e rasantes, así como de ordenación de volumes de terreo da propiedade de María Luisa García Garrido, sito na rúa Xan de Forcados, en Escairón.

O expediente que se instrúe estará exposto ó público nestas oficinas por termo de quince días, seguintes ó da insercción deste edicto no DOG para efectos de exame e alegacións.

O Saviñao, 7 de decembro de 1994.

Joaquín González González

Alcalde