Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 04 de xaneiro de 1995 Páx. 164

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 1 de setembro de 1994, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente número 314 de clasificación dos montes de Caldebarcos e San Cibrán, pertencentes ó lugar de Caldebarcos, parroquia de San Mamede, municipio de Carnota.

EDICTO

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase expediente nº 314 de clasificación dos montes coas características que se indican a continuación:

Denominación: montes Caldebarcos e San Cibrán.

Comunidade propietaria: lugar de Caldebarcos.

Parroquia: San Mamede.

Municipio: Carnota.

Superficie: 195,96 ha.

Lindeiros:

É parte do monte Pindo nº 368 do C.U.P.

Norte: parte do punto de confluencia entre a pista forestal que vai da Curra a Quilmas e a que se inicia en Vadebois, segue en liña recta na dirección N-L ata o picacho de cota 426; de aí ata o de cota 247, e deste último establécese como linde o regato Rego da Alba que chega ó río Vadebois polo piquete nº 59.

Leste: desde o piquete nº 59 ata o nº 226, seguindo a orde de piquetes, xunto á estrada C-550.

Sur: desde o piquete nº 226 ata o nº 572 seguindo a orde de piquetes, ata a Cruz da Pedra, no camiño que sobe dando servicio a predios de particulares e que une Caldebarcos con Panchés.

Oeste: estrema con monte da comunidade de Panchés, seguindo as augas vertentes do monte Pindo na súa orientación cara ó leste, e tomando como referencia os lugares tradicionais de pastoreo. Desde a Cruz da Pedra sobe cara ó Chan das Lamas ata o piquete nº 494; deste ó Lombo de Laxa e segue ata a confluencia das pistas forestais da Curra a Quilmas coa de Vadebois.

En virtude do acordado polo xurado e, en cumprimento da orde do instructor, do 1-9-1994, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, polo presente faise pública a iniciación do expediente indicado co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do regulamento do 23 de setembro de 1992, para a execución da citada lei, cantas persoas, organismos e corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xulgado, no prazo de un mes contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean asistirlles en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 1 de setembro de 1994.

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de Montes Veciñais

en Man Común da Coruña