Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 04 de xaneiro de 1995 Páx. 168

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 13 de decembro de 1994, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións dos recursos ordinarios de expedientes sancionadores (270/1994 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro de 1992), notifícase ós interesados que se citan a continuación, a resolución dos recursos ordinarios dos expedientes instruídos por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG do 27 de maio), de infraccións en materia de protección dos recursos marítimo-pcsqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste edicto, para poder examina-los expedientes na Delegación Territorial de Pontevedra (Vigo) Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (r/ Palma, nº 4, Vigo), e presenta-lo recurso correspondente.

Nº de expediente: 270/1994.

Denunciado: José Antonio Alonso Fernández.

Domicilio: Daniel Castelao, 69-3º, Moaña, Pontevedra.

Precepto infrinxido: Art. 6.7, 6.9 e 6.10 da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: setenta e cinco mil tres pesetas (75.003 ptas.)

Recurso ordinario presentado o día: 19 de outubro de 1994.

Resolución do recurso ordinario: estimatoria rebaixando a sanción a vintecinco mil unha pesetas (25.001 ptas.)

Nº de expediente: 490/1994.

Denunciado: Ángel González de la Fuente.

Domicilio: Nuria, 7. Cangas, Pontevedra.

Precepto infrinxido: Art. 6.7 da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: cen mil pesetas (100.000 ptas.)

Recurso ordinario presentado o día: 28 de setembro de 1994.

Resolución do recurso ordinario: desestimatoria confirmando a sanción de cen mil pesetas (100.000 ptas.)

Nº de expediente: 578/1994.

Denunciado: Ángel González de la Fuente.

Domicilio: Nuria, 7. Cangas, Pontevedra.

Precepto infrinxido: Art. 6.9 da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: cincuenta mil pesetas (50.000 ptas.)

Recurso ordinario presentado o día: 28 de setembro de 1994.

Resolución do recurso ordinario: desestimatoria confirmando a sanción de cincuenta mil pesetas (50.000 ptas.)

Vigo, 12 de decembro de 1994.

Amancio Landín Jaráiz

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)