Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 04 de xaneiro de 1995 Páx. 172

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 1994 pola que se fai pública a adxudicación do expediente número 110/1994, relativo á subministración dun determinador simultáneo de carbono.

En cumprimento do establecido nos artigos 38 da Lei de contratos do Estado, 119 do Regulamento xeral de contratación do Estado e 24 do Regulamento de contratación da Universidade de Santiago de Compostela, faise público que o órgano de contratación da Universidade de Santiago de Compostela resolveu adxudica-lo expediente número 110/1994, á empresa Leco Instruments, S.A., por un importe de 7.935.590 ptas., IVE incluído.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 1994.

P.D. (R.R. do 22-7-1994)

Manuel Castro Cotón

Vicerrector de Asuntos Económicos