Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 05 de xaneiro de 1995 Páx. 257

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 do decembro de 1994, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto da liña a 15/20 kV a C.T. Monte Pequeno-Candeán, concello de Vigo, a favor da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. (Expediente número 109/1989 A.T.).

En cumprimento do ordenado no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa en relación co número 6 do artigo 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2.619/1966, do 20 de outubro, faise saber, en resumo, a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto de referencia do que a súa urxente ocupación foi outorgada polo Decreto 332/1994, do 27-10-1994, DOG nº 215, do 8-11-1994, que o día 26-1-1995, a partir das 11 horas, darase comezo ó levantamento sobre o terreo polo representante da Administración das actas previas á ocupación, correspondentes os predios situados no Concello de Vigo, sinalados cos números que en folla adxunta se detallan, previndo os ditos interesados de que na respectiva notificación individual, que mediante cédula se lles practicará, coa debida anticipación legal, o día e hora en que para cada un terá lugar a dita dilixencia, prevíndoos tamén de que nos

ditos actos poderán facerse acompañar dos seus peritos ou dun notario, á súa custa, se así o estimasen conveniente.

A relación será fixada no taboleiro de anuncios do concello e nos desta delegación.

Vigo, 2 de decembro de 1994.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra