De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación a resolución do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo, contra a que poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ó desta publicación.
En caso de conformidade con esta resolución, o pagamento da sanción deberase facer efectiva no prazo de vinte (20) días mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións:
* nº 311-152-116/7, Caixa Galicia, oficina principal de Lugo.
Expediente: LU-65/1994.
Denunciado: Manuel López Vázquez.
DNI número: 33.861.502.
Último enderezo coñecido: Láncara, 7. Láncara.
Feitos imputados: transportar, o día 20 de marzo de 1994, no vehículo matrícula LU-09020-VE, dúas cabezas de gando bovino, carecendo de Guía de Orixe e Sanidade Pecuaria.
Tipificación infracción ó Regulamento de epizootias:
Precepto infrinxido: artigo 64.
Precepto sancionador: artigo 212.
Sanción imposta: 4.000 ptas.
Lugo, 12 de decembro de 1994.
José Ramón Molinero Senovilla
Delegado provincial de Lugo

