Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Tubasa, S.A., con domicilio en Vigo, no que solicita autorización para instalar
unha L.M.T. e un C.T. en Agudelo, concello de Barro, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo noveno do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude,
O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes,
RESOLVEU:
Autorizar a Tubasa, S.A. a instalación dunha L.M.T. e un C.T. en Agudelo, concello de Barro.
Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.
Pontevedra, 9 de agosto de 1994.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra