Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello en sesión do día 31 de agosto de 1994 o estudio de detalle na rúa Tomás A. Alonso nº 245, sométese a exposición pública polo prazo de quince días hábi
les mediante inserción de anuncios no DOG, BOP, prensa e taboleiro da Casa do Concello.
O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días hábiles, contados desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.
O devandito acordo determina como área afectada pola suspensión de licencias de parcelación, edificación e demolición a abranguida polo seu ámbito cos límites seguintes:
Norte: rúa Tomás A. Alonso
Sur: Camilo Veiga e Ramón Moreiras
Leste: Juan Zaragoza
Oeste: Joaquín Sueiro
A documentación atópase na Oficina Municipal de Información para exame e alegacións.
Vigo, 26 de decembro de 1994.
Carlos A. González Príncipe
Alcalde

