Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 1995 Páx. 1.164

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 10 de xaneiro de 1995 pola que se anuncian axudas económicas destinadas a subvencionar obras de construcción, reforma, rehabilitación e equipamento das casas dos concellos.

Advertido erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 11, do 17 de xaneiro, transcríbese de seguido a oportuna corrección de erros:

Na páxina 564, no artigo 1º, onde di: «catrocentos trinta millóns de pesetas (430.000.000 de ptas.)», debe dicir: «cento corenta e tres millóns de pesetas (143.000.000 de ptas.)»