Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 1995 Páx. 1.172

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 1995 pola que se designa un vocal da comisión que efectuará a selección dos aspirantes que soliciten participar nos IV, V, VI, VII e VIII cursos para a obtención do diploma de directivo.

0 artigo 6º do Decreto 294/1992, do 10 de setembro, polo que se regula o diploma de directivo, establece que a comisión que efectúe a selección dos aspirantes que soliciten participar nos cursos para a obtención do citado diploma estará integrada, entre outros membros, por un profesor das universidades de Galicia designado polo director da Escola Galega de Administración Pública.

En virtude do anterior,

DISPOÑO:

Artigo único.-Designar a José Vilas Nogueira, catedrático de ciencias políticas e da administración, da Universidade de Santiago de Compostela, como vocal da comisión que levará a cabo a selección dos participantes nos IV, V, VI, VII e VIII cursos para a obtención do diploma de directivo en calidade de profesor das universidades de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 1995.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración

Pública