Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 1995 Páx. 1.173

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (23/1994-01).

Por medio desta cédula, que expido en virtude do acordado en autos de executoria penal, sobre imprudencia de tráfico, cítase a Juan Carlos Vilela Hernández, en concepto de penado, para que compareza ante a Sala de Audiencia deste xulgado, rúa Algalia de Abaixo nº 24-1, no prazo de dez días, co obxecto de facer efectiva a suma de 50.000 pesetas en concepto de multa á que foi condenado por sentencia firme deste xulgado, prevíndoo de que, no caso de non comparecer, sufrirá os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

E para que conste e sirva de citación a Juan Carlos Vilela Hernández, cos apercibimentos acordados, expido esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Santiago de Compostela o 1 de decembro de 1994.

O secretario

Rubricado