Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 1995 Páx. 1.178

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 1995 pola que se anuncia concurso público de opción de compra de parcelas propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo no parque empresarial do Campiño, Pontevedra.

En virtude do convenio do 24 de xullo de 1993 entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a sociedade Xestión Urbanística de Pontevedra, S.A. (Xestur-Pontevedra), para a xestión do alleamento de parcelas propiedade de dito organismo no parque empresarial de Pontevedra, infórmase que:

Cumpridos os trámites regulamentarios no correspondente expediente administrativo, a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo resolve convoca-lo seguinte concurso público:

Obxecto: concurso público para o alleamento das parcelas que se especifican, propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo, no parque empresarial do Campiño, en Pontevedra.

Termo municipal: Pontevedra.

Destinatarios: poderá concorrer calquera persoa física ou xurídica que realice actividades mercantís, comprendidas as comerciais, industriais, servicios, etc.

Prego de bases: o prego de bases que rexerá o concurso poderá examinarse en Xestur-Pontevedra, r/ Urzáiz, 18-2º de Vigo, durante o prazo de presentación de ofertas.

Presentación de proposicións: as ofertas presentaranse en sobre pechado, coa documentación esixida no prego de bases, apartados A e B, nas oficinas de Xestur-Pontevedra r/ Urzáiz, 18-22 de Vigo, en días hábiles excepto sábados, de 10 a 13 horas.

O prazo de presentación de proposicións será de 15 días a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Prezos: os prezos que se establecen no anexo teñen o carácter de prezos mínimos, de maneira que non se adxudicará ningunha parcela por un prezo inferior.

O prezo de alleamento realizarase en concepto de «corpo certo», polo que non caberá reclamación ningunha pola diferencia de superficie.

Fianza: coa presentación das ofertas de opción de compra esixirase en concepto de fianza o importe equivalente ó 10% do prezo da parcela a que se opte (IVE non incluído). Este importe deberá efectuarse en metálico ou mediante talón conformado a nome do IGVS.