Anuncio do 9 de xaneiro de 1995 relativo ó acordo de aprobación definitiva do estudio de detalle dunha parcela da rúa circunvalación D. Aurelio promovido por José Manuel Guerra Martínez e outra.
O Concello Pleno, en sesión do 30 de decembro de 1994 adoptou o acordo de aprobar con carácter definitivo o estudio de detalle de iniciativa particular promovido por José Manuel Guerra Martínez e Flora Balbina Guimarey Pardal e redactado polo arquitecto José A. Hermo Túñez, referido a unha parcela sita na rúa circunvalación D. Aurelio. Estudio que foi aprobado inicialmente polo pleno deste Concello en sesión do día 28 de outubro de 1994.
O que se fai público ó abeiro do disposto nos artigos 124 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e ordenación urbana e 140.6º do Regulamento de planeamento aprobado polo Real decreto 2.159/1978, do 23 de xuño.
Contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da publicación do presente anuncio no DOG, e requirirá a comunicación previa ó órgano que dictou o acto impugnado. Tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se coide procedente.
Cuntis, 9 de xaneiro de 1995.
Eduardo Rey Rodríguez
Alcalde

