O Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 12 de xaneiro de 1995, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
1.-Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do soar sito na rúa Alberto García Ferreiro, 2, zona posterior, por instancia de Odilo Novoa Docampo.
2.-Somete-lo expediente a información pública polo plazo de quince días, mediante anuncio no DOG, no BOP e nun dos xornais de maior circulación da provincia.
Anúnciase a exposición pública, no referido prazo, contado a partir do día seguinte ó da publicación, no Departamento de Xestión e Promoción Urbana, para que as persoas ou entidades interesadas presenten as alegacións que coiden oportunas no antedito prazo.
Todo isto de conformidade co artigo 141.2 do Regulamento de planeamento.
Ourense, 24 de xaneiro de 1995.
O alcalde
Rubricado

