Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 1995 Páx. 1.606

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 1995 relativa ó expediente de expropiación forzosa que se instrúe para a execución das obras do parque empresarial do Barco de Valdeorras pola que se cita ós interesados para o levantamento das actas previas.

Aprobado o expediente de expropiación de referencia pola Comisión Provincial de Urbanismo de Ourense en sesión celebrada o 15 de febreiro de

1995, de conformidade co disposto no art. 220 do R.d.l. 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana, a resolución do órgano autonómico competente implica a declaración de urxencia da ocupacións dos bens e dereitos afectados.

Na súa virtude e con base no art. 215 do texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana en relación co art. 52.2 da Lei de expropiación forzosa, convócanse os titulares dos bens e dereitos afectados polo expediente de referencia para que comparezan co obxecto de proceder ó levantamento das actas previas á ocupación de predios afectados.

Ó dito acto, que será notificado individualmente por correo certificado, deberán acudi-los propietarios e titulares afectados persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, o documento nacional de identidade, o último recibo do imposto sobre bens inmobles e, no caso de representación, o poder suficiente; e poderán facerse acompañar, á súa custa, se o coidan oportuno, dos seus peritos ou un notario.

O levantamento das actas previas terá lugar na casa do concello do Barco de Valdeorras, sen prexuízo de trasladarse ós predios se fose necesario, citándose para o día 9 de marzo de 1995 ás 10 horas os seguintes titulares: