Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 1995 Páx. 2.073

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 76/1995, do 16 de marzo, polo que se lle concede a Medalla de Ouro de Galicia a Juan Carlos Wasmosy Monti, presidente da República do Paraguai.

En atención ós méritos que concorren en Juan Carlos Wasmosy Monti, presidente da República do Paraguai, é vontade do Goberno galego outorgarlle a súa máis alta distinción.

Polo tanto, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaseis de marzo de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Concédeselle a Medalla de Ouro de Galicia a Juan Carlos Wasmosy Monti, presidente da República do Paraguai.

Santiago de Compostela, dezaseis de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública