Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 1995 Páx. 2.195

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMUNIDADE DE MADRID

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 1995 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Transportes, pola que se procede á publicación da resolución sancionadora en materia de transportes que se relaciona no anexo.

Por non ter sido posible practicar no domicilio dos seus destinatarios as notificacións que se relacionan no anexo 1, procédese á súa publicación no boletín oficial, para efectos do disposto no art. 59.4 da Lei de procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro).

Contra as ditas resolucións que non esgotan a vía administrativa, cabe interpoñer recurso ordinario, ante o conselleiro de Transportes, no prazo de un mes contado a partir da presente publicación.

CLAVES DE IDENTIFICACIÓN

(1) Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (BOE do 31 de xullo).

(2) R.d. 1.211/1990, do 28 de setembro, Regulamento de ordenación dos transportes terrestres (BOE do 8 de outubro).

(3) Regulamento (CEE) nº 3.820/1985 do Consello, do 20 de decembro de 1985 (DOCE 31-12-85).

(4) Regulamento (CEE) nº 3.821/1985 do Consello, do 20 de decembro de 1985 (DOCE 13-12-85).

(5) Orde do 25 de outubro de 1990 pola que se regulan os distintivos dos vehículos que realizan transporte (BOE do 30-10-90).

(6) ATP Acordo sobre transporte internacional de mercadorías perecedoiras.

(7) Orde do 26-12-90 sobre réxime xurídico da declaración de porte (BOE do 8 de xaneiro de 1991) e resolución do 1 de agosto de 1991 (BOE do 24 de agosto de 1991) pola que se establecen as súas regras de aplicación.

(8) R.d. 2.296/1983, do 25 de agosto (BOE do 27 de agosto), sobre tráfico e circulación de vehículos de escolares e de menores.

(9) TPC, Regulamento nacional de transporte de mercadorías perigosas por estrada, R.d. 1.723/1984, do 20 de xuño (BOE do 25-9-84).

(10) R.d. do 24 de setembro de 1985, número 2.312/1985 (Mº de Industria e Enerxía). Transporte por estrada. Normas de homologación, ensaio e inspección de vehículos destinados ó de mercadorías perecedoiras (BOE 13-12-1985).

(11) R.d. 14 de novembro de 1986. Regulamentación técnico-sanitaria sobre condicións xerais de transporte terrestre de alimentación e productos alimentarios a temperatura regulada.

(12) R.d. 74/1992, do 31 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento nacional de transportes de mercadorías perigosas (TPC) (BOE do 22-2-92).

(13) O.M. do 27 de marzo de 1992 sobre arrendamento de vehículos sen conductor que desenvolve a sección 1 do capítulo IV, do título V do Regulamento da LOTT (BOE do 7-4-1992).

(14) R.d. 2.483/1986, do 14 de novembro de 1986. Alimentos. Regulamentación técnico-sanitaria sobre condicións xerais de transporte terrestre de alimentos e productos alimentarios a temperatura regulada.

(34) Real decreto 24-9-1982, nº 2.561/1982 (Presidencia). Leite e productos lácteos: Regulamentación técnico-sanitaria de industria, almacenamento, transporte e comercialización. Decreto 26-11-1976 nº 3.263/1976 (Presidencia). Carne e matadoiros. Regulamentación técnico-sanitaria de matadoiros, salas de despezamento, centros de contratación, almacenamento e distribución de carnes e miúdos.

Madrid, 16 de febreiro de 1995.

Francisco Peyró Díaz

Secretario xeral técnico da Consellería de

Transportes

LISTADO DE EXPEDIENTES

EN RESOLUCIÓN GRAVE/LEVE

COMUNIDADE AUTÓNOMA: C.A. Galicia

Sancionado: Francisco Javier Gómez Barroso.

Último domicilio coñecido: Calvos de Randín, 32044 Ourense-Ourense.

Infracción: Tte. complementario de merc. sen autoriz.

Preceptos infrinxidos: L. 16/1987 Art. 141 b) (01), R.d. 1.211/1990 Art. 198 b) (02)

Expediente: 11-BD-03535.2/1994

Data denuncia: 17-4-94

Precepto sancionador: L. 16/1987 Art. 143 e R.d. 1.211/1990 Art. 199.

Sanción: 25.000