Por Orde do 13 de xaneiro de 1995 (DOG do 19 de xaneiro), anunciáronse axudas económicas destinadas a subvencionar organizacións non gobernativas que colaboren con institucións penitenciarias galegas na reeducación e reinserción dos internos que se atopen en réxime aberto ou en período inmediato á súa posta en liberdade; sendo desexo da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais acadar un alto grao de colaboración coas devanditas organizacións e coas institucións penitenciarias galegas, e co fin de que o maior número posible de internos se beneficie da asistencia por elas prestada,
DISPOÑO:
Artigo único.-Concédese un novo prazo de cinco días contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, para a presentación de solicitudes de axudas económicas ó abeiro da orde desta consellería do 13 de xaneiro de 1995 (DOG nº 13, do 19 de xaneiro), segundo o modelo que figura como anexo á dita orde, e de acordo cos criterios establecidos nela.
Disposicións derradeiras
Primeira.-Facúltase o director xeral de Xustiza e Interior para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións oportunas para a correcta aplicación desta orde.
Segunda.-A presente disposición entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 1 de marzo de 1995.
Juan Miguel Diz Guedes
Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións
Laborais
Sr. Director Xeral de Xustiza e Interior

