De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós interesados, cos datos e últimos domicilios coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións dos recursos interpostos, contra acordo da Comisión Provincial de Urbanismo da Coruña do 27 de outubro de 1994, polo que se aproba definitivamente o proxecto de expropiación forzosa de terreos para a actuación industrial en Vilar do Colo, promovida conxuntamente polos concellos de Cabanas e Fene, da que a súa parte dispositiva di:
«Denega-las solicitudes de suspensión, fórmulas nos recursos ordinarios nº 1.787/1994 interpostos por Manuel López Solís, 1.788/1994, interposto por Ramón Piñeiro Formoso, 1.789/1994 interposto por Antonio Graña López, 1.790/1994 interposto por Antonia Fraga Arnoso, 1.791/1994 interposto por Aurelio Solís Ares, 1.792/1994 interposto por José Paz Fraga, 1.793/1994 interposto por Josefa Prego Sardiña, 1.794/1994 interposto por Gumersindo Vila
Barro, 1.797/1994 interposto por Francisca Gómez Grueiro, 1.798/1994 interposto por Ermita Pérez Prego, 1.799/1994 interposto por Antonio Souto Allegue, 1.800/1994 interposto por Basilio Pérez Prego, 1.801/1994 interposto por José Solís Ares, 1.802/1994 interposto por Josefa Solís Ares, 1.803/1994 interposto por Carmen Ares Prego, 1.804/1994 interposto por Consuelo Feal López, 1.805/1994 interposto por María Pilar Vázquez, 1.806/1994 interposto por Clotilde Solís Ares, 1.841/1994 interposto por Victoriano Varela Vila, 1.842/1994 interposto por Tosa Paz Bouza, 1.843/1994 interposto por Robustiano Carlos Vázquez López e 1.844/1994 interposto por Ángel Sampayo Penedo, contra acordo da Comisión Provincial de Urbanismo da Coruña do 27 de outubro de 1994, polo que se aproba definitivamente o proxecto de expropiación forzosa de terreos para actuación industrial en Vilar do Colo, promovida conxuntamente polos concellos de Cabanas e Fene.»
Fáiselle sabe-lo dereito que os asiste para interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación.
Os ditos interesados dispoñen dun prazo de quince días contados a partir do seguinte ó da publicación deste edicto, para que poidan examina-los expedientes na Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda en Santiago de Compostela, edificios administrativos San Caetano.
E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela, dez de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral da Consellería de Política
Territorial, Obras Públicas e Vivenda

