Polo Decreto 56/1995, do 24 de febreiro, da Xunta de Galicia, publicado no DOG nº 45, do 6 de marzo, concedéronselle a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., os beneficios de expropiación forzosa e a declaración de urxente ocupación do terreos afectados pola execución do proxecto incluído no Plan MEGA, que se cita máis adiante, impoñéndose a servidume de paso de enerxía eléctrica co alcance do art. 4º da Lei 10/1966, do 18 de marzo.
Seguindo os trámites regulamentados no art. 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa, faise saber que transcorridos oito días desde a última das publicacións previdas na consecuencia 2ª do devandito texto legal, e nas datas e horas que constan nas notificacións que se efectúan a cada un dos interesados, o representante da Administración procederá a levantar sobre o terreo as actas previas á ocupación, trámite ó que deberán asisti-los titulares de bens e dereitos afectados, persoalmente ou debidamente representados, podéndose acompañar, se así o consideran conveniente, e pola súa conta, dos seus peritos e un notario.
A declaración concreta e individualizada dos interesados e dos seus bens afectados, na que tamén figuran as datas e horas nas que se levantará a acta previa de cada parcela, exponse nos taboleiros de edictos desta delegación provincial e dos respectivos concellos.
A instalación comprendida no expresado decreto da Xunta de Galicia é a seguinte:
Decreto 56/1995.-Liña eléctrica aérea a 132 kV, de dobre circuíto, enlace da liña Salas-San Cibrao coa subestación Barbaña, de 2.274 m de lonxitude aérea, e 3.070 m de lonxitude soterrada, no municipio de Ourense (Expediente nº IN407A-94/20-3-A.T.).
Ourense, 13 de marzo de 1995.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense

