Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 1995 Páx. 2.273

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 4.188 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa) con domicilio en Lugo, en solicitude de autorización para instalar L.M.T. Subt. e C.T. en edificio Andrés López en Covas-Viveiro e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes,

RESOLVEU:

Autorizar a Begasa a instalación de liña de media tensión subterránea a 20 kV, con cable de 1x150 mm Al, designación UNE DHV 15/25, de 438 metros de lonxitude. Liña de media tensión subterránea a 20 kV, con cable de 1x95 mm Al, designación UNE DHV 15/25, de 293 metros de lonxitude. Centro transformación de 2x300 kVA 20.000±5%, 398-230 V, no concello de Viveiro.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 11 de xaneiro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo