Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 1995 Páx. 2.279

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ORDES

EDICTO (303/1994).

María Esther Rodríguez González, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ordes e o seu partido:

Fago saber:

Advertidos erros no edicto publicado con data de 25 de xaneiro de 1995, con respecto do xuízo hipotecario art. 131, número 303/94 por instancia de Caixa de Aforros de Galicia, representada por Ricardo García-Piccoli Atanes, contra Juan Adrán Adrán, sobre reclamación de crédito hipotecario, por contía de cinco millóns seiscentas vinteseis mil catrocentas corenta e catro pesetas.

Omitido en tal edicto a mención do tipo que servirá de base á poxa, anúnciase que o tipo que servirá de base a ela é de dez millóns cento trinta e sete mil catrocentas pesetas, fixadas na escritura de préstamo hipotecario.

E para que conste e sirva de anuncio para o taboleiro de anuncios deste xulgado, para os diarios oficiais nos que se ten acordada a súa inserción, así como de notificación ó/os debedor/es no caso de que este/s non fosen achados no predio, expido, selo e asino o presente edicto en Ordes o 17 de marzo de 1995.

María Esther Rodríguez González

Xuíza