Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 1995 Páx. 2.279

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (407/1994-05).

Eu, Salvador P. Sanz Crego, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber que no procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, baixo o número 407 de 1994, por instancia do Banco Exterior de España, S.A., representado polo procurador García-Piccoli Atanes, contra Ramón Jorge Pais Ferrín e Amelia Rodríguez Puget, ambos con domicilio en Santiago de Compostela, rúa Montero Ríos número 26-6º A (A Coruña), acordou a celebración de pública poxa na sala de audiencia deste xulgado, anunciándoa con vinte días de antelación, dos bens que logo se dirán, coas seguintes condicións:

1. Sinalouse para que teña lugar o remate en primeira poxa o próximo día dezaoito de maio do presente ano, ás 12 horas, na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo de cen millóns o predio sinalado co número 1 e por quince millóns cada un dos predios sinalados cos números 2, 3,4 e 5, fixado para tal efecto na escritura de préstamo.

2. Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse a segunda poxa o próximo día trece de xuño do presente ano, ás 12 horas, na sala de audiencia deste xulgado, para a que servirá de tipo o 75 por cento da primeira.

3. Se resultar deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o próximo día sete de xullo do presente ano, ás 12 horas na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

4. Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

5. Para tomar parte en calquera das tres poxas tódolos licitadores -coa excepción do acredor demandantedeberán consignar previamente o 20 por cento do tipo para seren admitidos a licitación. Esta cantidade calcúlase na terceira poxa respecto do tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., oficina provincial desta cidade, para o que deberá facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte 1584/18/0407/94, presentando o resgardo de ingreso.

6. Os títulos de propiedade dos inmobles poxados atópanse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan en autos, ó dispor do público na secretaría do xulgado, para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa, e enténdese que todo licitador os acepta como bastante, sen que poida esixir ningún outro, e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes ó crédito do demandante, se os houber, continuarán subsistentes e sen cancelar. Enténdese que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na necesidade de satisfacelos, sen destinarse á súa extinción do prezo do remate.

7. Poderán facerse ofertas en prego pechado e o

remate poderá verificarse coa condición de cedelo a un terceiro, coas regras que establece o artigo 131 da lei hipotecaria.

8. No caso de que houbese de suspender calquera das tres poxas trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana en que sinalase para poxa suspendida.

9. Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, salvo a que corresponda ó mellor ofertante, a que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obrigación e, se é o caso, como parte do prezo da venda.

10. Se o acredor pedise ata o mesmo momento da celebración da poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obrigación e desexasen aproveita-lo remate outros ofertantes e sempre pola orde delas.

11. O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificarase ós debedores, no predio ou predios poxados e, de se-lo caso, a publicación dos presentes edictos serve como notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto de poxa

1. «Número dous. Local de planta baixa sinalado coa letra A, do edificio sinalado co número 17 da rúa Montero Ríos desta cidade de Santiago de Compostela. Superficie: cincocentos metros e noventa e tres decímetros cadrados. Linda: ó norte, co portal de entrada, caixa de escaleiras e de ascensor e local da planta baixa sinalado coa letra B; ó sur, coas irmás Gesto Nieto e Juan López Rego; ó leste, co local de planta baixa sinalado coa letra B, horta dos señores Stolle Ogando, muro medianeiro no medio; ó oeste, coa casa número 19 de Montero Ríos; e demais, polo norte, sur e leste, oco da rampla de baixada a sotos. Cota: 10,51%».

2, 3, 4, 5. «Números doce, dezanove, vinteseis e trinta e dous. Vivendas letras G das plantas primeira a cuarta, ambas inclusive, do edificio número 68 da avenida do Xeneralísimo de Sanxenxo (Pontevedra). Superficie útil: cincuenta e nove metros e corenta e oito decímetros cadrados cada unha. Lindan, ó norte, coa parcela segregada de Cousa, patio de luces, corredor de acceso e caixa de ascensores; ó leste, coa propiedade de Erundina Bermúdez, viúva de Paz; e ó oeste, co patio de luces, corredor de acceso e vivendas letra F da súa planta. Cota: un, sesenta e oito por cento cada unha».

Inscrición: a sinalada co número un: no Rexistro da Propiedade número un de Santiago de Compostela, no folio 3 do libro 24, tomo 984, predio 1.970, inscrición segunda.

As sinaladas cos números dous, tres, catro e cinco: no Rexistro da Propiedade de Cambados, predios número 13.389, 13.396, 13.403 e 13.409 nos folios 52, 59, 66 e 72, respectivamente, do libro 115 de Sanxenxo, tomo 656.

Dado en Santiago de Compostela, dezasete de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado